
 |


 |
 |
 |
 |
|
XORNADA TÉCNICA SOBRE EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL
14 de decembro de 2009, Santiago de Compostela
Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia
Coas xornadas técnicas de empresas de inserción, queremos promover
un lugar de encontro para todas aquelas persoas que dende o mundo da
empresa, das institucións públicas, das entidades sindicais e do tecido
asociativo, están involucradas na loita contra a exclusión social.
Queremos propiciar un espazo que permita a técnicos e profesionais do ámbito da promoción do emprego e a inclusión social, reflexionar e dialogar
sobre cuestións relativas a:
- Como romper a inercia da non corresponsabilidade na xeración de
emprego para os máis desfavorecidos e excluídos.
- Cal é a realidade, e as actuacións das empresas de inserción, e das
súas entidades sociais promotoras, na situación actual do mercado
de traballo.
- Como promover a incorporación de cláusulas sociais nas licitacións
públicas, para favorecer a inserción laboral de colectivos en situación
de exclusión.
- Como profundizar no papel que deben desempeñar as corporacións
locais, para o desenvolvemento e implantación da Lei de Empresas
de Inserción.
- Como potenciar a plena participación dos colectivos afectados por
esta situación de exclusión, na definición de acción alternativas e
proxectos xeradores de emprego.
|
|